ACROSPORT NO FREI LUÍS
O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía.
Dende a área de Educación Física estivemos descubrindo esta modalidade deportiva
na que se traballa a forza, a flexibilidade, o equilibrio, a coordinación e a axilidade. Ademais de fomentar a cooperación, o traballo en equipo, a creatividade, a autosuperación, a perseveranza, a empatía, a sociabilidade e a responsabilidade.

Unha actividade moi rica en aprendizaxes e moi motivadora para o noso alumnado.
Como broche final, cada equipo preparou a súa gala e gozou mostrando o seu traballo e aplaudindo e animando as propostas dos compañeiros/as.