Chegou o outono e con el a primeira festa deste curso 2025/2026.
Os nenos e nenas de infantil animáronos a despertar os nosos sentidos e gozar a través deles da súa chegada.
Un fermoso mural que un ano máis serviu de pano de fondo ás nosas cabazas.
Cada ano sorprendédesnos coa vosa creatividade e bo facer. Momentos en familia arredor dunha cabaza que fan desta festa algo moi especial para os nos@s peques.
Este ano baixo o lema do proxecto de centro "VIAXEIR@S POLO MUNDO" chegaron ás nosas mans auténticas obras de arte.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!
O noso "Túnel do Terror" converteuse este ano nun arrepiante "Castelo Enmeigado" habitado por seres estraños chegados de moitos lugares do mundo que fixeron del un lugar cheo de maxia e grandes emocións.
Preparados para realizar unha visita?
ATREVÉDESVOS??????
Con moitas gañas e vencendo os medos nós entramos no CASTELO ENMEIGADO!
O magosto non quedou sen foliada e os gaiteiriños do cole compartiron unhas coplas cos máis pequeniños do cole.
Tamén houbo tempo para botar unhas pezas...porque xa sabedes que non hai un bo magosto sen non soa a muiñeira!
Saboreamos un pouco da festa e non faltaron as ricas castañas!!!!
Xuntos gozamos da festa.
Choutamos co baile do magosto, convertímonos en cazapantasmas, divertímonos con xogos-bailes tradicionais e executamos danzas de ultratumba!!!
PARABÉNS NEN@S.Un fin de festa espectacular!
Grazas familias pola vosa axuda e compromiso!




