LETRAS GALEGAS 2026
" BEGOÑA CAAMAÑO"
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Begoña Caamaño, no noso centro quixemos render homenaxe a unha autora e xornalista comprometida coa lingua, a cultura galega e coa defensa da igualdade, valores que tamén forman parte do noso proxecto educativo. O alumnado participou no tradicional Certame das Letras Galegas dinamizado polo centro: desde Infantil ata 2.º de Primaria elaborou debuxos sobre Galicia, mentres que o alumnado de 3.º a 6.º escribiu fermosas poesías dedicadas á nosa terra. A xornada completouse cun magnífico concerto de Clarixasos de Esmusa, que puxo a banda sonora perfecta a unha celebración chea de creatividade, música e orgullo pola nosa lingua.
