Poñemos punto e final a un curso no que cada experiencia foi unha nova viaxe. Co proxecto "Viaxeiros polo mundo" afondamos sobre outras culturas, aprendemos a mirar a diversidade con respecto e empatía e comprobamos que, compartindo e colaborando, chegamos máis lonxe.Nada disto sería posible sen a implicación do profesorado e das familias, que nos acompañaron ao longo do curso participandoen propostas como a decoración de cabazas ou a exposición das carautas do Entroido, entre outras iniciativas.Grazas tamén a todo o profesorado, ao alumnado e ao resto da comunidade educativa por facer do noso centro un lugar onde aprender, convivir, crear e medrar.Agora toca descansar, gozar do verán e encher a mochila do novas ilusións. Despois das vacacións volveremos compartir novas aventuras.
FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO!

