As nenas e nenos do Cole Frei Luís de Granada están gozando da lectura todos os días, despois do xantar.
PORQUÉ PRECISAMOS DUN TEMPO DE LECTURA COTIÁN?
Porque como toda necesidade básica, debe integrarse no tempo cotián das nenas e dos nenos, dende moi pequenos para chegar a consolidarse como hábito; porque ao longo do día sempre hai un tempo especial, "unha hora de":
* Hora de comer
* Hora de xogar
* Hora de durmir
* Hora de bañarse
* Hora de ler
É hora de ler porque necesitamos historias.
É hora de ler porque queremos saber máis.
É hora de ler porque as nenas e os nenos teñen dereito a coñecer o patrimonio cultural da sociedade na que medran.