Os rapaces e rapazas de 6ºA rapean pola paz para denunciar a explotación de milleiros de nenas e nenos en todo o mundo.
Calcúlase que en todo o mundo hai 158 millóns de nenos e nenas de entre 5 e 14 anos que traballan en condicións excravizantes. Moitos deles son recrutados para formaren parte de exércitos, outros manipulan residuos tóxicos que acurtan a súa esperanza de vida e a meriande parte deles traballan durante xornadas inesgotables que lles arrebatan a dignidade de vivir.
RAPEANDO POLA PAZ
A paz no mundo queremos lograr
e para iso unha canción imos cantar
Os nenos da India traballando están,
esta canción lles imos adicar.
As nenas pequenas escravas están
e unha mala vida están a soportar.
A nós trannos agasallos a eles traballos,
nós temos onde vivir, eles onde sufrir.
As mans dos pequenos currando están,
para facer os balóns do mundial.
Zara, Nike e mil marcas máis
non volveredes a escravizalos máis.
O mundo está invadido polo mal
as leis da Terra están fatal.
Nós queremos un mundo mellor,
moito máis xusto e con amor
Con esta canción imos concienciar
a estes pequenos que aquí están.