Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, na nosa terra tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende o CEIP Frei Luis de Granada recuperamos a súa figura.
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
O apalpador chega a Sarria (1)
Cargado por freiluisdegranada. - Descubre más videos creativos.