"Polo San Martiño, peóns ao camiño"
É bonito este refrán, verdade? Nós fixémoslle caso e estes días os peóns non pararon de xirar no Frei Luís.
Os nosos alumnos practicaron moito, intentárono unha e outra vez e o seu esforzo, sen dúbida, deu o seu froito. Froito que puidemos comprobar este luns no concurso que fixemos. Queredes velo??? Pois xa sabedes o que tedes que facer😉👇
E tras a deliberación, hoxe tivemos a entrega de diplomas para @s alumn@s premiad@s.
NORABOA A TOD@S!!!!
E aos demáis, non vos desanimedes, todo o contrario.
Seguide practicando e o próximo curso, vémonos de novo!!