O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e este ano, no Frei Luís, puxémonos moi firmes con este tema e decidimos sacarlle tarxeta vermella a todos aqueles comportamentos que oprimen e non respectan a libertade individual de cada persoa.
Deste xeito, sacámoslle tarxeta vermella ao odio, á violencia, aos insultos, á traición, etc. e dixemos ben alto: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
E non só reixeitamos estos comportamentos senón que decidimos transformalos en outros moitísimo mellores e transformamos as tarxetas vermellas que non nos gustaban nada de nada, en tarxetas verdes, cambiando o odio en amor, a violencia en respecto, os insultos en aprecios e a traición en lealtade.
Por último, invitámosvos a que pinchedes no seguinte vídeo no que podedes ver o acto que fixemos nesta efeméride e tamén, como traballaron @s nos@s alumn@s este tema a nivel aula.