SIMULACRO DE INCENDIO

     Hoxe no Frei Luís fixemos un simulacro de incendio para simular esta posible situación de emerxencia co obxectivo principal de proporcionarlle ao noso alumnado a información e os coñecementos necesarios para que saiban actuar adecuadamente nesta situación. 
   Outro obxectivo foi avaliar os procedementos de evacuación e seguridade planificados así como a maneira de levalos a cabo e detectar (se é o caso) posibles dificultades que poidan xurdir á hora de realizalos co fin de correxilas ou cambialas.
    Así que agora só queda facer unha posta en común e analizar como o fixemos para seguir mellorando.💪