"CONVIVINDO EN IGUALDADE"
Remata un mes de novembro moi intenso no que a Anpa do Frei Luís e o seu
fantástico proxecto “Convivindo en Igualdade” implicou tanto a escolares de toda a vila coma a membros
das comunidades educativas de Sarria e
colectivos deportivos.
Unha iniciativa en prol
da non violencia, da igualdade, do diálogo, o respecto e a cooperación.
Un amplísimo programa de actividades cheo de charlas,
obradoiros, contacontos, concertos, encontros, conferencias…
Moito traballo, gañas e implicación na procura dun mundo
mellor no que a educación se volve a mellor ferramenta para formar ás pesoas do mañá que agora, en proceso de formación, enchen as nosas
escolas.
Gran aplauso á nosa ANPA 👏e o noso recoñecemento ao seu bo facer👌.
E sen máis, pinchade no seguinte vídeo para ver todo o traballo que houbo detrás deste proxecto e recordade que remando tod@s xunt@s na mesma dirección, seguro que lograremos unha convivencia pacífica e en
igualdade!