21 DÍAS EN GALEGO E +
Día 2
Hoxe o día na aula comezaba visitando o blog no que a primeira colaboración chegaba da man do CEIP de Nadela de Lugo que nos falou dun tema moi interesante: a relación entre as cores dos alimentos e a saúde.
Alumnos/as colaboradores montaron con ilusión a actividade do día.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!
A vosa implicación é imprescindible neste proxecto!
E chegou o recreo...agardábanos "AO CHOU". Unha actividade na que os diccionarios baixaron ao patio.
Dirixidos e axudados polos maiores do cole, buscamos "ao chou", unha palabra en galego e escribímola nun "pòsit". Con todos eles formamos un gran 21.
Chulo, non si?
Mañá, día 3 será especial...atentos!
Deixámosvos o enlace para que escoitedes o programa.
E recordade o blog do proxecto...
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/