21 DíAS EN GALEGO e +

Hoxe estamos de celebración no Frei Luís!

Comezamos a nosa andaina no proxecto "21 DÍAS CO GALEGO E +".  

Actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para potenciar o emprego da lingua galega entre a mocidade no que participan 10 centros de Ed. Infantil e Primaria de toda  Galicia.

Todos os participantes, alumnado, mestres, persoal non docente....recibiu como agasallo unha camiseta e unha medalla/chapa.

 Cada día unha actividade en prol da  nosa lingua.
Todo listo e preparado para a ocasión.

DÍA 1 -INAUGURACIÓN
Hoxe, a chegada a clase foi diferente, unha caixiña misteriosa agardávamos, dentro unha carta de benvida, o logo para a porta e a  acreditación que nos acompañará estes 21 días.



Visitamos o blog e falamos, falamos e falamos en galego, tamén cantamos e bailamos!

Ás 11:00 h baixamos ao patio xuntos fixemos a foto oficial                            
























Agradecemos a visita de Pilar Teijeiro, cordinadora terrritorial dos EDLG da provincia de Lugo que nos acompañou neste primeiro día.
                                        Temos claro que ...
              
No Frei Luís imos FALAR  GALEGO

Mañá máis...

Compartimos convosco o enlace ao blog dos 21 días para que nos sigades durante a nosa aventura!

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/