21 DÍAS EN GALEGO E +
Día 6
Unha semana que empezaba. Como cada mañá visitamos o blog.
Era día de reflexionar e sobre todo de falar sobre a nosa participación no proxecto, as actividades en familia, a fin de semana, de cantar e bailar co "Digochiño"...
A actividade do día: Unha "Historia Contrarreloxo"
Que nervios...a primeira hora da mañá iniciábase a actividade do día en colaboración co Equipo de Biblioteca e a nosa nova mascota, Luisiña, era a protagonista do conto que comezaba..
Ed. Infantil escribía as primeiras liñas da historia e ao longo da mañá sumáronse 1º e 2º de Ed.Primaria.
Tic, tac, tic, tac....queredes ver como foi?
Mañá continuará a súa viaxe polas aulas de 3º, 4º. 5º e 6º e escoitaremos a historia inventada polos máis de 400 alumnos/as do Frei Luís.
Helena, falou na radio galega do grandísimo traballo que están a facer os alumnos/as colaboradores día a día neste fantástico proxecto.