21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 7

O sétimo día chegaba e con atención visionamos o vídeo do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, no Barco de Valdeorras sobre os  ecosistemas terrestres. 

Un vídeo moi especial porque nel nos contaron como viviron en primeira persoa o grave incendio que se produciu en xullo de 2022 na súa bisbarra.  

A historia contrarreloxo medrou de aula en aula.

O alumnado colaborador non descansa e xa están a argallar novas actividades.
 Hoxe foi día de saír ao patio a recoller información.Visitaron o patio de Infantil, o de primaria, a sala de profes...
Sabedes a que?.

En breve resolveremos o misterio...

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/