21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 20

Hoxe o blog agasallaunos co Libro da memoria, un proxecto que nace no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela da man das mestras de educación infantil  en colaboración coa área de didáctica da expresión plástica da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Entramos na recta final dos 21 Días en Galego e +

Hoxe a reciclaxe de material de escritura foi o noso obxectivo...
O colector traído á nosa escola pola  Fundación Breogán foi lugar de encontro para nenos/as onde depositaron rotus, bolis, típex...para darlles unha nova vida e chegar a nenos e nenas desfavorecidos.


O Frei Luís non para, e en tempo de Entroido menos.
 Hoxe levamos algo divertido e orixinal  na cabeza!
Así era hoxe o ambiente do noso patio!

Mañá chegamos ao día 21!
Unha xornada de clausura moi especial...
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/