21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 21

Chegamos ao último día do reto co galego, para rematar o noso camiño, o blog agasallounos coa app  agalega.gal dedicada especialmente para os nenos e nenas.

Un lugar onde se pode  gozar das cousas que vos  gustan en galego (cancións, xogos,  debuxos, pelis, programas de tv...)

Hoxe no cole foi un día moi especial ; a "Xornada de Clausura".

Comezaba a xornada cunha actuación musical.
Visitounos Luís Vallecillo compositor, dramaturgo, músico e titiriteiro.
Disfrutamos un montón coa súa actuación, cantamos, soplamos, aplaudimos, bailamos...
Mirade, mirade un anaquiño de como foi...
"Cerimonia de Clausura".
Pola mañá cada aula preparou  as mensaxes.
 Slogans, cos que pretendemos espallar o noso idioma, que o galego voe alto, que chegue ata a lúa, que se fale en calquera lugar do planeta...
Baixamos ao patio emocionados e despois de escoitar un fermoso manifesto, xuntamámolos e soltámolos.
Momento moi emocionante o vivido. Mirade... 

Desexamos que estes días queden para sempre no voso recordo que o galego forme parte importante nas vosas vidas.

Parabéns, nenos e nenas dos 21 días co galego e máis!
A seguir disfrutando co galego!