EDUCACIÓN VIAL

A Dirección Xeral de Tráfico visitou a nosa escola para compartir connosco dúas xornadas co obxectivo de formar ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria  nesta materia.

Faláronos de como evitar accidentes de tráfico, as sinalizacións, as normas de circulación para condutores e peóns, a condución responsable de bicicletas, patinetes e ciclomotores, as medidas de seguridade, os principais sinais de tráfico...

Escoitamos moi atento/as  as explicacións de Laura
e José Luís, ata nos deixou subir ao seu coche de Garda de Tráfico!!! 

MOITÍSIMAS GRAZAS!