DÍA DO PEÓN - 2024


 O 11 de Novembro celébrase o Día do Peón e no Frei Luís, ao longo de toda esta semana, os peóns non pararon de xirar. 

Parte do noso alumnado iniciábase con este xoguete e outra parte perfeccionaba a súa técnica pero do que non cabe dúbida é de que todos eles puxeron empeño e ilusión e non se cansaron  de intentalo as veces que fixera falta e nós, máis que orgullosos das súas gañas e do seu esforzo.

A continuación, podedes ver un vídeo do moito que practicaron durante a semana e tamén do concurso que celebramos este venres, no que o alumnado que quixo participar, puxo a proba as súas habilidades e demostrou todo o aprendido durante estes días de ensaio. 


Como ben sabedes, o esforzo sempre da o seu froito e aquí tedes os gañadores deste ano.



NOROBOA   AOS  PREMIADOS  E  NOROBOA  A  TODO  O  NOSO  ALUMNADO  POR  NON  DESANIMARSE  E  POR  INTENTALO  UNHA  E  OUTRA VEZ.  


SODES  UNS  CRACKS!!!