Un ano máis no Frei Luís celebramos unha data moi especial para o noso alumnado: o SAMAÍN e o MAGOSTO!!!!! E coma sempre tivemos un día cargadiño de actividades.
Houbo como xa é tradición unha visita guiada á "Casa das bruxas" onde os cativos puideron ver morcegos, bruxas, esqueletos, cabazas, tumbas, pantasmas, arañas e uns magníficos actores e actrices que deron vida a esta casa e tamén, porque non decilo, un par de sustos😜. Esta tradición é de tal nivel que estase facendo famosa en toda Galicia e proba delo é que este ano un equipo do Gabinete de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia quixo acercarse ata o noso colexio e plasmar este día nun divertido e simpático TIK TOK que podedes ver aquí abaixo. Quedaron abraiados connosco!!
Tivemos tamén bailes no pavillón onde participou todo o alumnado, un magosto con música en vivo, traballos variados na aula, exposición de cabazas, disfraces, etc. e estamos seguros de que estades impacientes por velo, a que si? Pois non se fale máis. Pinchade nas imaxes e a disfrutar!!!
POPURRI DO MÉRCORES
FOTOS E VÍDEOS DA "CASA DAS BRUXAS"
FOTOS E VÍDEOS DO MAGOSTO
FOTOS E VÍDEOS DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS
FOTOS E VÍDEOS DOS BAILES