Os Xogos Olímpicos continúan no Frei Luís e para o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER quixemos investigar sobre o papel das mulleres nestes xogos ao longo da historia.
Comezamos esta investigación pola Antiga Grecia onde as mulleres non podían participar; pero descubrimos que existían os xogos Hereos que eran xogos na honra da deusa Heras, esposa de Zeus, nos que as mulleres competían en probas atléticas.
A continuación quixemos saber cales eran as mulleres con máis medallas e descubrimos que o ranking mundial o encabezan mulleres como Larisa Latynina (ximnasta da Unión Soviética, 18 medallas), Birgit Fischer (piragüista alemá, 12 medallas) ou Jenny Thompson (nadadora estadounidense, 12 medallas).
E descubrimos tamén que as primeiras mulleres do medalleiro olímpico español son Mireia Belmonte (natación, 4 medallas), Andrea Fuentes (natación sincronizada, 4 medallas) e Arantxa Sánchez Vicario (tenis, 4 medallas).
Despois elaboramos un mural que nos serviu de base para compartir toda esta información co resto do alumnado do colexio.








