FALAMOS +

Comezou a nosa nova aventura en prol do uso do galego. Somos un dos centros seleccionados de toda Galicia para levalo a cabo ao longo de tres semanas, 15 días lectivos, nos que multitude de actividades lúdicas promocionarán o uso e goce  da nosa lingua.
Damos continuidade este curso, ao proxecto iniciado o curso pasado cos "21 Días en Galego e +".
Os nosos recreos convírtense en espazos ideais para:
 FALAR, XOGAR, FACER CIENCIA, ESCRIBIR E LER, BAILAR E CANTAR, en GALEGO. 
O alumnado de 6º é  peza importantísima neste proxecto, grazas a eles, que se convirten en animadores, monitores, colaboradores.... poderemos realizar as actividades programadas.

Este cronograma é orientativo, poden xurdir modificacións, pero tédeo en conta ao longo das semanas.

DÍA 1-"ENQUISA A PÉ DE PATIO"

Os nosos reporteir/as de 6º A , micrófono en man e batería de preguntas preparadas, saltaron  ao patio cun obxectivo...coñecer máis aos compañeiros/as, facelos reflexionar, decidir, falar... 

 

OBXECTIVO CUMPRIDO!

DÍA 2-AROS MUSICAIS

Con moitas gañas e ilusión arrincaba a segunda xornada, tocaba unha das temáticas que máis nos gustan...XOGAR!
Música "Made in Galicia", acompañaba os nosos xogos. Mamá Cabra, Paco Nogueiras, Lamatumbá, Magín Blanco, Pakolas, Uxía Lambona e a Banda Lambona...non deixaron de soar.


DÍA 3-SESIÓN FOTOGRÁFICA-BUXAINAS NEWTONIANAS
Día importante no FALAMOS+....estamos esforzándonos un montón falando en galego, como premio recibimos unhas fermosas camisetas que utilizaremos ao longo do proxecto.
CHUlÍSIMAS! MIRADE QUE GUAPIÑOS/AS ESTAMOS!

O mércores tocaba facer ciencia. Coñecimos a Isaac Newton...
 
Coa axuda do alumnado colaborador de 6º A construímos unhas "BUXAINAS NEWTONIANAS"
TRABALLO FEITO,  A XIRARRRRRRRRR!!!!!!!

DÍA 4-"VERBAS DE NAMORAR"

Pensamos palabras en galego que nos gustan, ben polo significado, ben  pola sonoridade, polas lembranzas...
Xuntos construímos un enorme corazón, símbolo do noso amor polo galego.

DÍA 5-"DISCOGALTECA" e "FOLIADA"

Venres, tocou bailar e cantar.
No patio de primaria, os maiores do cole dérono todo na nosa peculiar "discoteca", un mix de música galega a petición dos nosos bailongos/as. Fillas de Casandra, Muiñeira de Lugo, Mariñeiro Matalote...que nos fixeron gozar e mover o esqueleto.
FESTA!!!!!
No patio de Infantil, quenda para a "foliada". Os nosos gaiteiriñoa/as , gaita, bombo, tamboril e pandeireta, ao lombo, amenizaron o recreo dos máis pequerrechos/as.
MÁIS FESTA!!!!!