FALAMOS +
Día 6-VERBAS DE NAMORAR
Segunda semana, o luns foi tempo de falar e sobre todo de rir.
En Primaria os máis simpáticos/as do cole cos seus chistes fixéronnos botar unhas boas gargalladas!
Un recreo divertido no que vencemos o medo ao escenario e o galego volveu a ser o protagonista.
En infantil, tocou darlle aos miolos coas "ADIVIÑAS PEQUERRECHAS", preparadas polos máis cativos, a ver se descobrides as respostas....
Día 7- A ESTE COLE CHEGOU UN BARCO...
Martes, día de xogar... ao Frei Luís chegou un barco cargadiño de nomes de froitas, animais salvaxes, cantantes, medios de transporte, prendas de roupa....
Xogamos xuntos e disfrutamos !
Día 8- CIENTÍFICOS TOLOS
Tocaba facer ciencia e os "Científicos Tolos", sorprendéronnos cos seus experimentos...
Os alumnos/as de Ed.Infantil disfrutaron de PEQUECIENCIA. Pequenos experimentos...
Día 9- OBRADOIRO DE PULSEIRAS
Letriña a letriña formamos palabras para as nosas pulseiras. No mural do patio encontramos ideas e inspiración...
Día 10-FOLIADA
Venres, día de cantar e bailar....os "gaiteiriños/as" do cole, amenizaron o patio de primaria a ritmo de rumba, pasodobre, xota e muiñeira....









