FALAMOS +

Día 11-"Poesías da Auga"

O 21 de marzo celébrase en  Sarria o Día da Poesía, Eduardo Rey Moure, organizado polo  Ies Gregorio Fernández. Un convite a unha xuntanza poética cos centros educativos de toda a comarca no que  a temática era  "A  Auga". 

Ensaiamos e compartimos cos compañeiros/as  os nosos poemas "XIZ DE CORES" e "CHOVE NOS VERSOS" para preparar a nosa actuación na Praza da Vila.


Día 12-"Sopa de Letras"

Tocaba xogar e xogamos...buscamos e atopamos nas sopas de letras un montón de palabras relacionadas con distintos campos semánticos.
ÁRBORES, RÍOS GALEGOS, VILAS DE GALICIA, NOMES DE PERSOAS, METEOROLOXÏA, DEPORTISTAS FAMOSOS, CANTANTES...


Día 13-"Científicos Tol@s, parte 2"

Os "Científicos Tol@s" micrófono en man sairon ao patio co seu cuestionario científico preparado 
e someteron aos seus compañeiros a 10 preguntas para comprobar o seu dominio sobre o tema.

Día 14- "Concerto de Cé Orquestra Pantasma"

Disfrutamos bailando e cantando con César, o "Home Orquestra".Un concerto que premiou a nosa implicación no proxecto FALAMOS +
Todo o alumnado do cole disfrutou da súa música en galego  e o seu  bo facer, pasámolo xenial!



DÍA 15-Foliada

Remata a semana coa xa tradicional FOLIADA .Cada día son máis os nenos e nenas que se animan a sacar uns puntos e darlle á percusión .Balilamos o "PASODOBRE CORRIDO " , que tanto nos gusta!

Remata así o noso proxecto FALAMOS +, desexando que o galego pouco a pouco entre na fala dos nosos nenos e nenas.