CLAUSURA

A piques de chegar á clausura do curso, toca facer balance  e non cabe dúbida de  que este foi un ano no que o olimpismo e os valores do deporte tiveron moita presenza.
Os deportistas do Frei, cerran campaña, finalizan a tempada e estamos a piques de pechar a nosa vila olímpica 2024/2025.
Para nós é un orgullo ver  que fóra das nosas aulas o noso alumnado practica deporte.
  A vida do deportista non é doada, detrás de cada un/unha hai moito traballo, esforzo e sacrificio. Moitos dos nosos alumnos/as  adestran horas e horas, percorren moitos quilómetros para competir, pasan  algúns nervios,sofren  lesións... 
Ás veces chega a recompensa en forma de medalla nos  torneos, campionatos oficiais, ligas.... nas que participan  e neste curso moitos/as os nenos e nenas do Frei Luís viron recompensado o seu traballo a nivel provincial e autonómico.

 PARABÉNS A TODOS OS NOSOS/AS MEDALLISTAS!

A seguir traballando e sobre todo DISFRUTANDO  DO DEPORTE!