LETRAS GALEGAS


Celebramos por todo o alto a festa das nosas letras! Este ano adicado á poesía popular e ás pandereteiras. 
Queredes saber máis?
Participamos no tradicional Certame Literario do Frei Luís, este ano na modalidade de pintura e narración. Fantásticos traballos os presentados, que puxeron moi difícil a decisión final do xurado.
Visitamos a exposición, observamos e compartimos fermosas historias relacionadas con Galicia escritas polos nosos compañeiros/as.
Os gañadores recibiron o seu merecido premio, e todos os participantes un agasallo pola súa participación, esforzo e implicación nas actividades do cole!

O equipo TIC do cole coa impresora 3D, fabricou unha preciosas pandeiretas!
Graciñas Pamela!
Nas aulas investigamos sobre as homenaxeadas, a orixe da celebración, cantamos e bailamos, participamos en obradoiros...
O noso cole encheuse de cultura e tradición; realizamos fermosas ilustracións, recompilamos  fondos da biblioteca, montamos exposicións didácticas, investigamos sobre os instrumentos tradicionais...
Os venres foron cita agardada polos amantes da música tradicional  do Frei Luís!. As gaitas, pandeiretas, bombos, pandeiros... atravesaban a cancela do patio con gañas de soar. As bailadoras e bailadores prepararon os puntos de muiñeira e xota cos que sorprender no recreo aos compañeiros/as e buscar parella para bailar o agarrado. 
Durante este curso todos os venres fixemos unha foliada...unha actividade voluntaria para rematar cada semana. 
Como non podía ser doutra maneira para celebrar as Letras Galegas no cole, fixemos unha
"GRAN FOLIADA",
 na que as pandereteiras do Frei Luís foron as protagonistas. 
Os nosos gaiteiriños/as, gaita, bombo, tamboril e pandeireta, ao lombo, amenizaron  o recreo.
Cada día son máis os nenos e nenos que se animan a sacar uns puntos ou darlle á percusión.
ORGULLOSOS DE VÓS!

Como remate fin de festa, en colaboración coa Anpa e o Concello de Sarria, visitamos aos maiores da "Residencia Nuestra  Señora del Carmen " de Sarria e fixemos unha 
"FOLIADA INTERXENERACIONAL"
E así foi como no Frei Luís celebramos a festa das letras... e colorín colorado homenaxeamos a nosa lingua  e agardando que che axiña o novo ano!
MOITA VIDA ÁS NOSAS LETRAS!