DÍA DA PAZ


DÍA DA PAZ  -- 30 DE XANEIRO 




   No noso colexio celebramos o Día da Paz cun mural cheo de significado. Nel aparece un atlas que nos lembra que a paz non ten fronteiras e que todos os pobos do mundo deberían estar unidos polos valores de convivencia, a solidariedade e o respecto. Saber que a paz sae de cada un de nós, e por pouco que pareza nun mundo tan grande, entre todos, podemos melloralo.

   As pombas cheas de cor, representan a diversidade e o respecto que nos debemos ter como persoas. Poñen en valor todo aquilo que nos fai diferentes, e ao mesmo temo, iguais. Buscamos a equidade! Cada cor simboliza a riqueza que achega cada neno e nena á nosa comunidade educativa.

   Trala lectura dun manifesto conmemorando do día, todos os presentes cantamos a canción "Chea de vida" que fala sobre a emigración e a volta ás raíces.

    Dentro das aulas tamén se traballou o día con diferentes actividades. Aquí algún exemplo:






































Grazas nenos e nenas polo voso entusiasmo nestes traballos. 


 


 

 NADAL 2025


    Durante esta semana os nenos e nenas durante o recreo soltaron a súa cretividade navideña. Os seus debuxos alegraron a nosa entrada.

 

Ademais nas aulas crearon as súas propias postais que estuveron expostas no corredor.



Os nosos peixiños tamén se adornaron para a ocasión.




   E chegado o gran día, vestímonos coas nosas mellores galas para xuntarnos e compartir  un rico chocolate con churros e cantar uns aguinaldos  versionados por eles mesmos.   Os cales puxeron ritmo e emoción a este encontro tan especial. 
   Para rematar, vivimos un momento moi especial coa celebración das doce badaladas, seguindo a nosa propia tradición con doce gusanitos. 

   Despedimos así dun xeito festivo e cheo de bos desexos o primeiro trimestre.


En breves máis fotiños...



🎄BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA🎄

 




















VIAXEIROS POLO MUNDO NO NADAL 🎄



VIAXEIROS POLO MUNDO NO NADAL 🎄

   No noso proxecto "Viaxeiros polo mundo" seguimos descubrindo culturas, tradicións e curiosidades de diferentes países. Nesta ocasión, facemos unha parada moi especial: o Nadal arredor do mundo.

   A través desta presentación que compartimos, coñecemos como se celebra o Nadal en distintos lugares do planeta.

🌍

Aprendemos curiosidades sorprendentes, costumes moi diferentes aos nosos e tamén algunhas tradicións que, aínda sendo distintas, teñen algo en común: a ilusión, a celebración en familia e a ledicia destas datas.

🎇🎅

   Esta actividade axúdanos a viaxar sen movernos da aula e a entender mellor a diversidade cultural do mundo no que vivimos.

   Agardamos que vos guste "esta viaxe" tanto coma a nós e que descubrades novas curiosidades navideñas. ⛄✨

O NADAL NO MUNDO 


 

II ANDAINA 25N


 

 SEGUIMOS CAMIÑANDO XUNTOS

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Por segundo ano consecutivo, realizamos a nosa ANDAINA 25N  arredor do colexio, unha actividade que simboliza que camiñamos xuntos cara un futuro e presente inmediato  no que dicimos NON á violencia e SÍ ao respecto e á igualdade. Cada paso representou o noso compromiso por unha escola segura, tranquila e acolledora a todas as persoas.

   Cada alumno, na parte traseira da inscrición á II ANDAINA 25N escribiu un consello para mellorar a convivencia. Con todas esas mensaxes  construímos un mural que nos enche de orgullo, porque está feito coas ideas, ilusións e desexos de todo o alumnado.

   Moitos dos consellos coincidían nunha mesma idea: que tratarse ben é o primeiro paso para vivir en paz. Entre todos e todas  fomos escribindo frases como:

- Axudarnos cando alguén o precisa.

- Resolver  os conflictos falando.

- Escoitar e respectar.

- Tratar con agarimo e sen insultos.

- Ser amigos, ser equipo.

   Previo á nosa camiñata, escoitamos un manifesto referente ao día que resume a importancia da conmemoración deste día.



Aquí podedes ver o noso día en imaxes;


 DÍA DO PEÓN

O San Martiño 2025 chegou! e un ano máis os nosos peóns voltaron ao camiño.
Unha semana na que as buxainas e bailaretas foron protagonistas no Frei Luís e serviron de goce para o noso alumnado.
 Orgullosísimos do seu traballo e implicación nesta actividade que todos os anos chega á nosa escola para poñer en valor os xogos e xoguetes tradicionais.
Aquí unha mostra desta semana tan especial.

QUE VIVA O SAN MARTIÑO!

Chegou o outono e con el a primeira festa deste curso 2025/2026.
Os nenos e nenas de infantil animáronos a despertar os nosos sentidos e gozar a través deles da súa chegada.

Un fermoso mural  que un ano máis serviu de pano de fondo ás nosas cabazas.

Cada ano sorprendédesnos coa vosa creatividade e bo facer. Momentos en familia arredor dunha cabaza que fan desta festa algo moi especial para os nos@s peques.
Este ano baixo o lema do proxecto de centro "VIAXEIR@S POLO MUNDO" chegaron ás nosas mans auténticas obras de arte.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!

O noso "Túnel do Terror" converteuse este ano nun arrepiante "Castelo Enmeigado" habitado por seres estraños chegados de moitos lugares do mundo que fixeron del un lugar cheo de maxia  e grandes emocións.

Preparados para realizar unha visita?
ATREVÉDESVOS??????

Con moitas gañas e vencendo os medos nós entramos  no CASTELO ENMEIGADO!

O magosto non quedou sen foliada e os gaiteiriños do cole compartiron unhas coplas cos máis pequeniños do cole.

Tamén houbo tempo para botar unhas pezas...porque xa sabedes que  non hai un bo magosto sen non soa a muiñeira!

Saboreamos un pouco da festa  e non faltaron as ricas castañas!!!!

Xuntos gozamos da festa. 
Choutamos co baile do magosto, convertímonos en cazapantasmas, divertímonos con xogos-bailes tradicionais e executamos  danzas de ultratumba!!!

Case 500 nenos e nenas  en acción!

Actividade emocionante que xa é tradicional na nosa escola.


PARABÉNS NEN@S.Un fin de festa espectacular!
Grazas familias pola vosa axuda e compromiso!