BO NADAL!!

 Como sabedes, 
este ano teremos un Nadal moi diferente 
debido á pandemia sanitaria que levamos vivindo dende marzo.

     Aínda así queremos compartir con toda a comunidade educativa un par de traballos audiovisuais nos que os nenos e nenas do noso cole viran e viran sen parar para preparar a felicitación de Nadal.

Este vídeos están elaborados en memoria de Pau Donés, artista falecido en xuño de 2020, coa intención de desexarvos bo nadal e de animar a toda a xente a coller con ánimo, forza e sentidiño este ano tan difícil que se nos presenta.


 

Ademais destes vídeos tamén queremos compartir con vós algunhas imaxes da decoración de Nadal que temos no colexio para que os nenos e nenas non perdan a maxia e a ilusión destas datas. 

Para velas facede click na seguinte imaxe:


 Por todas e todos... queda na casa.

Xuntas e xuntos o conseguiremos.

 Bo Nadal !!!!


25 - Novembro. Día contra a violencia de xénero

   O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero. Este día pódese denominar de moitas formas pero chamen como o chamen, é un día especial, un día onde festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en IGUALDADE  e CONVIVENCIA.


    Este ano, pata traballar esta data, o CEIP Frei Luís de Granada sumouse á iniciativa promovida pola área de Educación, Muller, Xuventude e Integración do Concello de Sarria. Esta iniciativa consiste en encher a nosa contorna de mensaxes positivas. Estas mensaxes as escribimos nuns lazos morados (símbolos desta data) e estes lazos, levarémolos colgados nas nosas mochilas, así que estade ben atentos polas rúas porque seguro que veredes un montón deles.
 
    Para ver todo o proceso de elaboración, só tedes que clicar na imaxe de arriba.


JINGLE BELLS

Ola nenos e nenas de 4º, 5º e 6º!

Este curso polas medidas de proteción que temos que tomar con respecto á COVID-19, estivemos practicando a frauta na clase só coa dixitación, sen soprar e sen sacarnos a mascarilla pero agora, tedes que practicar vós na casa o que estivemos aprendendo no cole.

Déixovos a continuación os dous enlaces que estivemos vendo, un para que poidades repasar as notas máis comúns e outro para que practiquedes a canción "Jingle Bells".

                   ENLACE PARA AS NOTAS            ENLACE PARA O JINGLE BELLS

Cando vos saia ben, tedes que mandarme un vídeo no que se vos vexa tocando a canción coa música do enlace, ao seguinte e-mail:  freiluismusica@gmail.com  

Podedes mandarme o vídeo dende agora ata o 30 DE NOVEMBRO que é a DATA LÍMITE.

ÁNIMO a tod@s!! 💪Estou convencida de que vos vai saír xenial.😉

SAMAÍN 2020

     Cada ano, cando chega o   Samaín ou Halloween  propoñémoslle ao noso alumnado diferentes actividades. 


    Nesta ocasión, a pesar do coronavirus, quixemos facer como todos os anos, unha exposición de cabazas, así que non quedou outra e tivemos que cambiar a forma de facela. Aquí tedes o vídeo con imaxes dos nenos e nenas que quixeron decorar as súas cabazas. Mirade ben atentos!!
 

    Outra actividade que fixemos este ano foi o  Preguntorio do Outono  no que participaron todos os nenos e nenas do colexio. Cada titoría proponvos unha adiviña diferente, saberedes respostar a todas elas? Clickade na imaxe e comprobádeo!



    Por último, pinchade na seguinte imaxe para ver fotos deste día....pero advertímosvos, nelas sairán moitos pequenos monstruos, vampiros, esqueletos, etc.
 

  DESEXÁMOSVOS  UN  TERRORÍFICO  SAMAÍN!!!
 

BENVIDOS!!

 BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2020 / 2021

lápiz animado

    Estamos ante o inicio dun novo curso que será moi diferente xa desde o primeiro momento pois non todo o alumnado voltará ás aulas o mesmo día. Recordámosvos que cursos teñen que comezar cada día:

- DÍA 10: 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de Primaria

- DÍA 11: sumaranse os cursos restantes: 6º de Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 

 Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos,

con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

Dinamización da Lingua Galega.

E para rematar o curso ...unha nova edición do noso "Anaquiño".
Esperemos disfrutedes recordando  as vivencias deste curso "peculiar"
Vémonos en setembro ! 
Empezaremos a recopilar experiencias para a vindeira edición.
Bo verán a todos!!!

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN. EDUCACIÓN INFANTIL


QUERIDAS FAMILIAS...
 O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUERE AGRADECERVOS A VOSA IMPRESCINDIBLE COLABORACIÓN NESTE PROCESO DE ENSINO "NON PRESECIAL" E TAMÉN OFRECERVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA O VERÁN PARA QUE OS NENOS E NENAS SIGAN DESENVOLVENDO A SÚAS CAPACIDADES E COMPETENCIAS.

FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS !


LECTURAS PARA O VERÁN


NO VERÁN HAI TEMPO PARA FACER MOITAS COUSAS, PERO SEGURO QUE VOS APETECE ADENTRARVOS NALGÚN LIBRO QUE VOS LEVE A 
LUGARES DESCOÑECIDOS  A TRAVÉS DE
 MARABILLOSAS HISTORIAS...


(PINCHA EN " RATILÍN" PARA SABER MÁIS)

LETRAS GALEGAS 2020

RECORDADES O CERTAME QUE FIXEMOS  PARA AS 
LETRAS GALEGAS ?



GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.

SEGURO QUE RECIBIDES UNHA SORPRESA!

   

HARRY POTTER

Ola nosos nenos/as, o curso está a piques de rematar, un ano complicado...,pero vivido con gran intensidade.
Esta semana será a última na que vos propoñemos tarefas novas, pero se tedes algún traballo retrasado podedes seguir compartíndoo connosco...xa sabedes que nos fai moita ilusión ter noticias vosas e ver o ben que estades traballando dende a casiña.
Disfrutade das vacacións e recargade ben as  pilas para o vindeiro...desexámosvos un feliz verán.
Estamos desexosos de reencontrarnos con vós.
Un bico virtual moi moi moi grande! 
Esta semana a Escola de Maxia Hogwars atópase tamén pechada.Harry Potter e os seus amigos Hermione e Ron  non perden o tempo ...en calquera momento Lord Voldemort, o meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade,aparecerá e deben estar preparados.
Eles entrenan...faino tí tamén!
Tamén poñen a punto as súas variñas máxicas...se aínda non a tés  podes fabricar unha!
Escolle a que màis che guste.
Agora que chega o verán ....adéntrate no mundo de Hogwars.
Unha saga estate esperando.

Atrevédesvos  esta semana co reto de Harry Potter?
Pincha na imaxe.




EDUCACIÓN MUSICAL


Boas de novo!! Xa estamos en Xuño, como corre o tempo!  Infórmovos de que esta é a última publicación de música deste curso, que como pouco, será inolvidable. Así que quero despedirme de vós e desexarvos un feliz verán. Vémonos en Setembro!😉
Esta última semana faremos un repaso xeral dos aspectos máis importantes do curso. Para elo, déixovos a continuación dous cuestionarios. 
Os de 1º, 2º e 3º só tedes que facer o voso cuestionario. 
Os de 4º, 5º e 6º, tedes que facer os dous. 
Cando os fagades, mandádeme ao correo freiluismusica@gmail.com o "pantallazo" final, onde se ve se superaron a actividade ou non.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5930573-repaso_do_curso_1_2.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5942275-repaso_4_5_y_6.html

Por último, propóñovos dúas actividades OPCIONAIS: un baile de "Just Dance" e un "Trivial". 
Non fai falla que enviedes vídeos ou imaxes destas actividades porque son soamente para que vos divirtades e así darvos tempo aos que tedes actividades pendentes de poñervos ao día.

 https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

Sen máis, o dito:
QUE  PASADES  UN  BO  VERÁN!!

ADESTRANDO COS SUPERHEROES

Esta semana os profes de Educación Física do Frei Luís pedimos axuda aos nosos amigos os superheroes.Axiña atenderon a nosa chamada.
Eles tamén precisan poñerse en forma tras o confinamento...
Prepárate, concéntrate,esfórzate...e convírtete nun deles...fíxate nas indicacións e a traballar duro!.
Elixide  o que máis vos  guste e adestrade con él/ela.
E xa sabes... 












Esta semana propoñémosvos un reto que seguro que vos  vai encantar!
Pincha na imaxe.


EDUCACIÓN MUSICAL

Ola a tod@s? Como ides? Espero que sigades ben.
Esta semana en música os de 1º, 2º e 3º repasaremos a CLAVE DE SOL, o PENTAGRAMA, as NOTAS e as FIGURAS cos exercicios que tedes a continuación. 

https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/45lineasyespacios/game.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5849030-notas_musicales_escala.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5881205-figuras_e_silencios.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5881106-figuras_musicais.html

Os de 4º, 5º e 6º repasaremos os MATICES e o TEMPO
Podedes recordalos nestas táboas antes de facer as actividades de abaixo. Tamén podedes facer as actividades dos de 1º, 2º e 3º para repasar. Nunca sobra!😉 

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/585830-matices.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5618501-practica_los_matices.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5221804-los_matices_musicales.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5308641-por_parejas.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5855810-tempo.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5855715-tempo.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5494130-deduce_el_tempo_o_velocidad.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5809527-indicaciones_de_tempo.html


Por último, déixovos este vídeo para tod@s. Os máis cativos facédeo despacio e os maiores, rápido. Cando vos salga ben, mandádeo coma sempre ao correo freiluismusica@gmail.com

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL


O EQUIPO DE INFANTIL MANDAVOS  UNHA APERTA
 CHEA DE ENERXÍA A TÓDALAS FAMILIAS
ÁNIMO!
O DÍA 5 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
 POLO QUE A PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA AS PRÓXIMAS DÚAS SEMANAS TEN COMO OBXETIVO DESENVOLVER ACTITUDES E CONDUCTAS  FAVORABLES AO COIDADO DA NATUREZA E 
DO NOSO PLANETA.

O CONTO QUE ELEXIMOS É " O LIBRO DA TERRA" DE TODD PARR

(EN GALEGO)


(EN INGLÉS)


PINCHADE NAS IMAXES PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES DE CADA NIVEL.


          


DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

PROXECTO VOZ NATURA.
No ano 2017, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 20 de maio, como Día Mundial das Abellas.  Pero.... por que? Porque estes pequenos insectos polinizadores, xunto con outros animais como as bolboretas, os morcegos e os colibrís, son fundamentais para a nosa alimentación e cada vez están máis ameazadas.
 Imaxínaste un mundo sen abellas?
                                           Déixovos un vídeo sobre a polinización.
     
 E para rematar non puiden resistir a tentación de poñervos  o primeiro capítulo de "La abeja Maya". Xa sei que que a serie se modernizou pero... a min gústame esta! A ver que vos parece.


LETRAS GALEGAS 2020

PREME NA IMAXE PARA TER ACCESO A RECURSOS DE 
RICARDO CARVALHO CALERO

ESTE ANO NON PODEMOS CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TODOS XUNTOS, COMA NOUTROS CURSOS PASADOS, PERO VOLVEREMOS A FACELO...SEGURO!!

O QUE SÍ IMOS A FACER É O CERTAME LITERARIO COAS VOSAS CREACIÓNS, XA QUE DENDE A CASA PODEDES DEIXAR VOAR A VOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE PARA REALIZAR
UNHA POESÍA OU DEBUXO.

PREME EN "RATILÍN" PARA SABER MÁIS...